jueves, 26 de agosto de 2010

CLAUSURA DO II CAMPUS DE ATLETISMO PARA NENOS E PARA PAIS

Hoxe a partir das 20.30h clausúrase o II CAMPUS DE VERÁN DE ATLETISMO para nenos e o I CAMPUS para pais nas pistas de Atletismo en Sambartolomeu.

Este CAMPUS foi organizado polo CLUBE DE ATLETISMO e impartido polos seus adestradores:
Miguel Cortegoso,Fernando Paredes(triqui),David Martínez,Mauricio e axudados por Avelino Parcero,Sara Parcero, Ana Solla,Noelia Ferradanes e Sara Arosa.

Desde a Directiva dámoslle as gracias a todos, atletas, pais e adestradores pola súa colaboración.

Esperando que para o ano que ven nos topemos todos de novo, un saúdo.

O Presidente
Avelino Parcero Fdez

Moaña, 26 de Agosto de 2010

viernes, 13 de agosto de 2010

Fotos 2º Campus de verán 2010

Xa temos colgadas na galería do clube as fotos correspondentes as sesións celebradas no campus de verán deste ano durante os meses de xullo e parte do de agosto. Aínda que só se trata de fotografías estáticas, pódese apreciar o bó ambiente que hai entre a xente e o ben que o estamos a pasar. Pouco a pouco conseguimos xuntarnos un grupillo de xente moi axeitado. Tantos, que xa temos tres equipos ben diferenciados:
@s meniñ@s, todo ilusión e incansables

@s mociñ@s, pura enerxía e competitivos.


E as nais (e pais) en plena lozanía



lunes, 2 de agosto de 2010

Cena fin tempada 2009/2010

O vindeiro venres 6/8/2010 as 22:00 horas celebraremos no Beque a cea fin de tempada 2009/2010.

O precio da cea e de 15 € para os maiores e 10€ para os nenos ata 14 anos.

Todos os que queirades asistir poñervos en contacto con Avelino 646665210 ou Alberto 610516242 para facer a reserva.

Para o pago podedes facelo directamente a nos ainda que é preferible que o ingresedes na conta do clube en Caixanova

2080/0083/90/0040002995

Indicando nome e apelidos da persona que reserva para a cena.


Saudos