domingo, 31 de octubre de 2010

Carrera Berducedo

Hoy se ha suspendido la carrera que se celebraba en Berducedo por causas meteorológicas.
La prueba se celebrará mañana lunes a partir de las 16:00 horas. Recordaros que hay carreras para Bemjamines, Alevines e Infantiles.

lunes, 25 de octubre de 2010

20101024_FarodeVigo_Presentacion

Normativa pistas Atletismo

MÓDULO DE ADESTRAMENTO PARA ATLETISMO

1) Obrigatorio o uso de calzado deportivo preferentemente zapatillas de clavos.

2)Prohibido terminantemente o uso de patins, bicis ou calquer outro artefacto con rodas.

3)Prohibido fumar en toda a instalación.

4)Prohibida a entrada con mascotas.

5)O uso das pistas será preferente para escolares durante o horario lectivo e para atletas federados a partir das 18.30 h.

6)As ruas centrais usaranse para as series de velocidade, valados e traballo técnico.

7)As ruas de anel usaranse do seguinte xeito.

- A rua 1 non se usará no posible por ser a que mais sofre durante a celebración de probas

- Rua 2 para series de medio fondo e fondo

- Rua 3 para series longas con valados

- Rua 4 para marcha, trote e en xeral uso con zapatillas sen clavos

8) Cando se use o foso dos saltos é obrigatorio sair polo lado da herba para non votar area na pista.

9) O finalizar os adestramento de salto no foso e obligatorio barrer a area que puidese caer na calle 1 ó foso de saltos.

lunes, 18 de octubre de 2010

Presentación tempada 2010/2011

O vindeiro sábado 23 de Outubro, celebrarase a presentación do Clube Atletismo Samertolameu para a presente tempada 2010/2001.

É obrigatorio que tódolos atletas e directivos do clube acudan ó acto donde realizarmos a presentación do clube e as fotografías oficiales dos equipos para esta tempada.

A axenda e a seguinte:

1) As 16:30 horas quedamos nas pistas de atletismo para a foto de grupo.

2) As 17:00 horas celebraremos o acto de presentación (seguramente no concello, pendente de confirmar).

3) Acto seguido tomaremos uns pinchos.

Por favor traede as camisetas do clube para a foto.

Saudos

domingo, 10 de octubre de 2010

1ª Carreira Pinga Pinga-Marín

( Grandes e pequenos unidos polo deporte)


O día prometía. Despóis de tanta chuvia e vento, o sábado amañeceu tranquiliño e seco. Celebrábase en Marín a 1ª carreira denominada Pinga Pinga, e alá marchamos parte do equipo para intentar completar o percorrido establecido.

Aínda que chegamos un pouquiño xustos, todo transcurriu con normalidade.

Primeiro foron os menores A, @s nen@s nados entre o 1999 e o 2002, cun percorrido de 5oo metros, os cales discurrían por subidas e baixadas.

De segundo, os cadetes, cun percorrido de 2000 metros, ó longo dos cales atopáranse de todo, para rematar as competicións d@s meniñ@s, cos chupetes, os cales tiñan que correr 100 metros nun terreo máis ou menos liso.

Para poñer a medalla de ouro a esta tarde outonal, os veteráns completaron con éxito os 7 km de subidas e baixadas da súa categoría.

Boa arrancada para esta nova temporada que comezamos onte.

E entre competición e competición, moitas risas e fotos, moitas fotos, que podedes mirar na galería do blog e tamén na nosa páxina do Facebook.

martes, 5 de octubre de 2010

HORARIOS ESCOLA DE ATLETISMO TEMPADA 2010/2011


Nados nos anos 2006, 2005 e 2004:
Mércores e Venres de 17:30 a 18:30
Nados nos anos 2003, 2002, 2001 e 2000:
Mércores e Venres de 18:30 a 19:30
Nados nos anos 1999 e anteriores:
Luns de 20:00 a 21:00
Mércores e Venres de 19:30 a 20:30

Os lugares de entrenamento serán:
- Con bo tempo, nas pistas de atletismo.
- Con mal tempo, no patio cuberto de Reibón, e cando dispoñamos del no pabillón de Reibón.

Os días que os colexios permanezan pechados por mal tempo, non haberá adestramento.

Se algún pai/nai ten algún problema de compatibilidade de horarios que fale comigo. Un saúdo!!

DAVID

lunes, 4 de octubre de 2010

IV Maraton do Miño

O Clube Atletismo Samertolameu acadou unha grande actuación na IV maratón por relevos celebrada onte (Domingo 3 de Outubro) en Ourense.

Nunha carreira, disputada baixo un diluvio continuo, os nosos atletas conseguiron finalizar a proba como 14 (equipo1) e como 58 o equipo2. O número total de equipos era de 262 equipos. Por elo temos que felicitar a todos os que participaron.

Os tempos realizados polos nosos equipos foron:

EQUIPO 1 2 HORAS 50 MINUTOS 2 SEGUNTOS
EQUIPO 2 3 HORAS 7 MINUTOS 37 SEGUNTOS

Os atletas participantes foron:

Jose Martinez Santomé (Pepe)
Xulio Cruz
David Caaveiro (Cobra)
Alberto Juncal
Orlando Sampedro
Carlos (Podenco)

http://www.championchipnorte.com/externos/20101003182615_IV_MARATON_DO_MINO_2010/MARATON_OURENSECARREIRA%20POR%20RELEVOS.htm

Noraboa a todos eles.

domingo, 3 de octubre de 2010

REUNIÓN PRETEMPORADA


Como xa se dixera cando finalizou o Campus, recordar a nenos e pais que o martes día 5 de outubro ás 20.00h temos a reunión no pabillón de Reibón para programar a temporada 2010/2011.


Un saúdo da directiva

20100920_FarodeVigo_MaratonBerlin