lunes, 28 de diciembre de 2009

Solidariedade Javier Pereira

O moañes Javier Pereira Bermudez (fillo da Marquesa)é un rapaz de 20 anos de idade padece una obesidade super-movida (ICM superior o 80%), cun sobrepeso de máis de 160 Kg (pesa 234kg), polo tanto precisa de forma URXENTE da realización dun by-pass gástrico mediante una laparoscopia robótica que lle axydaría a soluciona-los problemas que neste momento conlevan un risco cardiovascular e metabólico.

O custo da operación supera os 18000 Euros e existe una conta aberta no caixanova de Moaña: 2080-0047-81-0000267087

Dende o Clube a Atletismo solicitamos a vosa solidariedade con este rapaz e que coa axuda de todos poda realizarse a operación.

Gracias pola colaboración

martes, 15 de diciembre de 2009

lunes, 14 de diciembre de 2009

Bases Carreira Moaña

REGULAMENTO XERAL

1. Por delegación de Consellería de Deportes de Concello de Moaña, o Clube Atletismo Samertolameu organiza a IX carreira pedestre Concello de Moaña. A carreira conta co Patrocinio do Concello de Moaña e a colaboración de Caixanova, Protección Civil e a Policia Local.
2. A carreira celebrarase o Sábado 23 de Xaneiro de 2010 a partir das 16:30 da tarde na alameda situada diante do Concello de Moaña.
3. Establécense as seguintes probas, categorías e distancias.

PROBA HORA CATEGORIAS DISTANCIAS
1 16:30 Chupetes- Nados no 2003 e posteriores 200 metros
2 17:00 CADETE (95/96), INFANTIL (97/98), ALEVÍN(99/00), BENXAMÍN(01/02) 1500 metros
3 17:30 PROMESA(88/89/90), JUNIOR (91/92) , XUVENIL(93/94) SENIOR (87 e anteriores, ata veterán) ,VETERÁNS(Desde o día que cumpran 35 anos) 6000 metros

4. A clasificación será absoluta e por categorías. Establécense categorías de veteráns cada 5 anos:

Homes Mulleres
35-39 A B
40-44 C D
45-49 E F
50-54 G H
+55 I J

5. As inscripcións poderán realizarse das seguintes formas:

carreiraS menores (CHUPETES E ESCOLARES)

Inscrición por teléfono: 610516242

inscripcion por email: clubatletismosamertolameu@gmail.com

Datos obrigatorios: nome, apelidos, sexo, data completa de nacemento, nome do Club si ten e se non, Colexio, Localidade, Provincia, mail e teléfono de contacto

carreira ABSOLUTA: Por calqueira das seguintes vías:

o Inscrición por teléfono: 610516242
o inscripcion por email: clubatletismosamertolameu@gmail.com
o champion chip norte: www.championchipnorte.com



Datos obrigatorios na carreira absoluta: NIF con letra, nome, apelidos, sexo, data completa de nacemento, nome do Club si ten, Localidade, Provincia, mail e teléfono de contacto

6. O prezo da inscripción para a carreira absoluta será de 2 € en concepto de alquiler de chip. As persoas que sexan propietarios/as de chip amarelo ChampionChip non pagarán aluquer. A inscripción para a carreira escolar será gratuita.
7. O prazo de inscripción finaliza o Mércores 20 de Xaneiro de 2010 as 14:00 por teléfono e as 23:59 pola Web. Non se admitirán inscripcións o día da carreira nin fora de prazo ou sen datos obrigatorios.
8. A recollida dos chips e dorsais poderase realiza-lo Sábado día 23 desde as 15:30 horas ata as 16:15 horas na zona de saida para carreiras menores e ata as 17:00 para a carreira absoluta. Se a inscrición se realiza como club ou colexio, a recollida do chip e dos dorsais será do mesmo xeito, nunca de maneira individual. Para recollida colectiva como clube na carreira absoluta, a única maneira de inscrición é a través da Web de ChampionChipNorte dende conta Clube e deberá indicarse esta recollida colectiva.

O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e deberá ser devolto trala participación. Os corredores que non o leven ou que non o entreguen non entrarán nas clasificacións.

9. Está permitido o acompañamento dos participantes na carreira escolar. Os acompañantes non teñen que inscribirse.
10. PREMIOS: Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo. Ademais os tres primeiros/as clasificados/as que participen na carreira absoluta, recibirán un premio en metálico de:
1. 1º 250 €
2. 2º 150 €
3. 3º 100 €
11. A entrega de trofeos terá lugar tras a finalización das tres carreiras.
12. Tras a finalización das probar realizaránse sorteo entre os participantes das distintas carreiras:

o Noite de hotel no Talaso Spa Moaña 4*
o Entradas no Talaso Spa Moaña
o Camisetas
o Gorras
o Masajes centro de recuperación Avelino

13. O Concello de Moaña e a Organización non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira.

14. O feito de participar nesta carreira implica a aceptación deste regulamento e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización.

viernes, 11 de diciembre de 2009

Memorial Abanqueiro

O vindeiro Domingo día 13 de Decembro celebrarse en Castrelos- Vigo o Memorial Abanqueiro para categorías menores.

Todos os nosos atletas de escola de Atletismo están xa inscritos. O horario das probas é o seguinte:

10.30 horas Infantil Femenina
10.45 horas Infantil Masculino
11.00 horas Cadete Femenina
11.15 horas Cadete Masculino
11.30 horas Alevín Femenina
11.40 horas Alevín Masculino
11.55 horas Benjamín Femenina
12.05 horas Benjamín Masculino
12.15 horas Pre-Benjamín (Fem. y Masc.)
12.20 horas Pitufos (Fem. y Mac.)

Partiremos do Concello de Moaña as 09:30 horas do Domingo.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

CARREIRA PEDESTRE -CANGAS

A directiva do Clube Atletismo Samertolameu quere felicitar a todos os ateletas que participaron na carreira pedestre de Cangas e darlle a noraboa a Pepe o roxo polo PRIMEIRO posto na súa categoría como xa nos ten acostumbrados e tamén polo SEGUNDO posto na xeral de veteranos.

Esperemos que o tempo vaia a mellor para así poder ir todos os do Clube ás carreiras.

Así mesmo tamén queremos felicitar ós que foron a MEDIA MARATÓN de PONTEVEDRA: Alberto Juncal, Xulio Cruz, David Caaveiro , José Luis Dominguez, Orlando Sampedro e tamén a un compañeiro que aínda que non está no Clube sempre que o remo llo permite ahí está con nos: Pablo Cañas, remeiro de Meira

jueves, 3 de diciembre de 2009

LOTERÍA DE NADAL

O prazo para o pago da loteria e devolución dos talonarios finaliza o vindeiro día 14 de Decembro.

Se alguén necesita máis loteria poñerse en contacto con Avelino. 646665210

miércoles, 2 de diciembre de 2009

XXXVI Trofeo de Pedestrismo de Cangas

Este domingo día 6 a partir das 10, celébrase na alameda vella de Cangas o XXXVI Trofeo de pedestrismo.

Esta Carreira vai dirixida atletas de todas as idades, e todos os pertencentes o Clube xa foron inscritos.

Todos os atletas do clube deberán presentarse no Concello de Moaña ás 9 horas para partir todos xuntos.