martes, 30 de junio de 2009

Campeonato galego Xuvenil/Xunior

O pasado sábado día 27 de Xunio, celebrouse nas pistas de Pontevedra o Campeonato Galego das categorías xuvenil, xunior e promesa.

Os resultados dos nosos atletas foros impresionantes, acadando un total de 16 medallas.6 foron de ouro, 5 de prata e 5 de bronce.

Destacable foi a actuación tanto de Erik Calvo coma de David Lameiro, ámbolos dous con dúas medallas de ouro. Conseguiron tamén sendas medallas de Ouro Laura Graña Calvar e Carlos Yañez.

O medalleiro completo do noso clube foi o seguinte:



Noraboa a todos

lunes, 29 de junio de 2009

Campeonato Galego Veterans

O pasado Sábado celebrouse no Barco de Valdeorras o Campeonato Galego de Veterans.

Os resultados dos nosos atletas foron espectaculares, acadando os catro atletas desprazados un total de 10 medallas. Os metais conseguidos repartíronse da seguinte maneira: 3 de Ouro, 5 de prata e 2 de bronce.




Noraboa a todos eles

sábado, 27 de junio de 2009

Cea fin de tempada

O vindeiro venres 10 de Xullo celebraremos a xa tradicional cea de fin de tempada.

O lugar elexido nesta ocasión para o evento é o restaurante Casa Barral, que se encontra situado xusto detrás da Casa do Concello de Moaña.
Como ven sendo habitual poden asistir tanto atletas como pais e socios.

Os prezos para os maiores serán de 20€ e os nenos ata 14 anos 10 €.

Para facilitar a xestión este ano vamos a cobrar a cea por adiantado. Todos os que vaiades a asistir podedes pagar a cea directamente no número de conta do clube 2080-0083-90-0040002995, indicando no asunto cea + número asistentes.

Podedes tamén apuntarvos directamente contactando con Alberto (610516242) ou Avelino (646665210).

No menu esquerdo desta web iremos publicando lista de asistentes.

miércoles, 24 de junio de 2009

Campeonato Galego Veterans

O Barco 27062009


O vindeiro sábado no Barco de Valdeorras celebrarase o Campeonato Galego de Pista de Veteráns.

Os atletas que nos representarán son os seguintes:




Desexámoslle sorte a todos eles

Campeonato Galego Xuvenil/Xunior

Pontevedra 27062009

O vindeiro sábado en Pontevedra celebrarase o Campeonato Galego de Pista de Xuvenil/Xunior.

Os atletas que nos representarán son os seguintes:




Desexámoslle sorte a todos eles

lunes, 8 de junio de 2009

Jose Villar subcampeón gallego

El joven atleta del Club Atletismo Samertolameu Jose Villar Corrales se programó ayer subcampeón gallego Alevin en la prueba de 2000 m.l. El tiempo invertido fue de 7:04,16

Enhorabuena Josiño