miércoles, 29 de mayo de 2013


XXXIII Cross Domaio 2013 

O Domingo 26 de Maio cun dia espléndido de sol, moita participación escolar e un gran equipo que se encargou da organización desta XXXIII edición do Cross escolar de Domaio, poidemos desfrutar dun evento deportivo de atletismo con moi bo ambiente e unha paisaxe espectacular. 

O noso club estivo colaborando na organización con bastantes persoas, e nos encargamos previamente do deseño e marcaxe dos percorridos para cada categoría e de levar o control das probas o día da cross. 

A nivel deportivo, o noso club tivo unha baixa  participación nas categorías escolares.Había campeonatos en varios puntos da xeografía galega. Na categoría de veteráns houbo unha boa participación e mellores resultados. 

Os e as  atletas do club que acadaron trofeo neste cross foron os seguintes: 

Goreti Carballal: 2º clasificada en 4 anos. 
Elena Currás: 2º clasificada en benxamín femenino
Jessica Miranda: 1º clasificada na categoria xuvenil
Eloi: 2º clasificado na categoría alevín masculino
Felipe Veiga: 1º clasificado en senior
E na categoría de veteráns os nosos rapaces encheron o podium: 
1º clasificado: Lino Portela 
2º clasificado: Roberto Piñeiro
3º Clasificado: Alberto Juncal 

Noraboa a todos e todas, os animamos  a seguir participando e desfrutar deste deporte que é o máis importante. Parabéns para os gañadores e gañadoras. 
E noraboa tamén á organización do cross que foi un éxito e as familias por colaborar e atletas pola súa participación. 

Podedes ver o album de fotos no seguinte enlace ou no noso blog: club atletismo Samertolameu 
https://picasaweb.google.com/clubatletismosamertolameu/XXXIIICrossDomaio2013?authuser=0&feat=directlink