martes, 24 de enero de 2012

Campionato Galego de Veteráns Campo a Través


O pasado Domingo celebrouse na praia de Cabio, no concello da Pobra do Caramiñal, o campeonato galego de veteráns campo a través.
Os nosos atletas competiron en duas probas, M35-M40 (atletas entre 35 e 44 anos) e M45 (atletas mayores de 45 anos) tanto individualmente, como por equipos.

Primeiramente tivo lugar a proba M35-M40, onde competiron Curi, Lino, Juan e Roberto nun percorrido de 7300 metros a caron da praia de Cabio, sobre un terreo seco e en moi boas condicións, eso si, con algún pequeno repeito, e numerosas curvas mais ou menos pechadas.
Dende un principio Curi (25º) saiu tirando moi forte, tras él, Lino (28º), e pouco detrás Juan (51º) e Roberto (52º). O ritmo de carreira foi alto, pero os nosos souperon regular, e chegar ó final con forza. Finalmente, acadaron un 9º posto por equipos, que dado o nivel da proba (estaban os mellares equipos de Galicia) e un gran resultado.

Pero esto non foi mais que o aperitivo, a continuación tomaron a saida dos 5300 metros de circuito, os atletas da categoría M45. Pepe e Xulio sairon co grupo de cabeza, pero o ritmo era moi forte, e pouco a pouco se foron descolgando, Carlos e Arturo rodaron xa dende o comenzo na mitade do grupo. Despois dun comenzo a un ritmo altísimo que puxo a cabeza en fila de a un, os postos de cabeza forense definindo. Á mitade da proba, o atleta que rodaba en primeira posición, e que á postre sería o gañador, xa levaba uns 10 segundos de ventaxa ó segundo, e 20 a un grupo de 11 atletas que corrían separados por non mais de 25 metros, Pepe cerraba este grupo; pero a falta de 1000 metros, cando algúns atletas non podían aguantar o ritmo, gañaba algunha posición colocándose no septimo lugar. A falta de 300 metros, aproveitando un pequeno repeito, gañaba tres posición mais, e colocábase cuarto a non mais de dez metros do terceiro, e ahí votouno todo, como él di, sacou cadera, levantou cabeza, e nuns últimos cincuenta metros de infarto gañou a medalla de bronce na misma liña de chegada. Por detrás entraban Xulio (33º) Carlos (61º) e Arturo (74º). Ó final, 8º clasificados por equipos de 17 participantes.
Dende o Club Atletismo Samertolameu, queremos agradecer o esforzo de todos estos atletas, e darlles a noraboa.

PINCHA AQUI PARA VER LAS FOTOS

lunes, 23 de enero de 2012

Cross escolar en Varalonga- Cangas

Nova no Faro de Vigo do campeonato de cross celebrado o Domingo 22 de Xaneiro no circuito de cross de Varalonga, situado en Darbo- Cangas.

domingo, 22 de enero de 2012

Campeonato Galego de Cross Corto


O pasado fin de semana, celebrouse en Ourense, no circuito de Monterrei, o campeonato galego de cross corto categoría absoluta. Alí estiveron os nosos atletas, onde acadaron un magnifico resultado, 9º clasificados por equipos, de 17 participantes. Nun circuito embarrado e moi rompepernas, o noso equipo de veteranos competiu contra os mellores atletas de Galicia, sin desmerecer en ningún momento, e sin deixar que se notara a diferencia de eidade. Noraboa a todos eles, Lino, Pepe, Curi, Roberto, Juan, David, Xulio, Angel e Luis.

martes, 17 de enero de 2012

Campeonato Galego de Cross para veterans

O vindeiro Domingo 22 na Pobra do Caramiñal se vai a celebrar o cto. galego de cross para veteráns.

Este ano, a diferencia do ano pasado donde soamente participamos con 3 atletas, temos dous equipos moi potentes cun total de 10 atletas.

Esperamos que con esta magnífica representación poidamos acadar algunha medalla nesta disciplina.



¡¡¡Sorte a todos eles¡¡¡

sábado, 14 de enero de 2012

Campeonato Galego Veterans

Impresionante actuación a dos nosos 4 atletas no campeonato galego de veterans celebrado hoxe na coruña.

Os catro atletas do Samertolameu conseguiron un total de 6 medallas de ouro, 3 platas e 1 bronce.

o detalle das medallas conseguidas foi o seguinte.

Jesús Piñeiro

Ouro en 50
Ouro en 200
Ouro en 400

Olga antepazo
Prata en 800
Bronce en 400

Javier pena
Prata en 50
Ouro en 200

Pablo antepazo
Ouro en 50
Prata en 400
Ouro en 200

Noraboa a todos eles

martes, 10 de enero de 2012

Ctos. Galegos fin de semana

O vindeiro fin de semana se van a celebrar tres campeonatos galegos donde teremos representación do clube.

Os primeiros en actuar serán os atletas veteráns no Cto.Galego de pista cuberta que se vai a celebrar na Coruña o sábado durante todo o día. Para esa cita nos representarán:



O Domingo en Ourense se celebrará o cto. Galego de cross Cadete Juvenil donde estarán os nosos representantes:



Tamén o Domingo en Ourense se celebrará o cto. Galego de cross curto donde teremos un amplo equipo de atletas:





¡¡¡Sorte a todos eles¡¡¡¡¡