domingo, 28 de octubre de 2012

MEDIO MARATON CIDADE DE PONTEVEDRA 2012

O pasado Domingo, comenzou para moitos a tempada de fondo. Celebrouse o Meio Maraton Cidade de Pontevedra, unha proba obrigada no calendario do Clube. O día era perfecto para correr, e para correr ben rápido, temperatura fresca, nada de vento e a moral por as nubes. Como tódolos anos, ali estivo unha numerosa representación dos nosos fondistas. Gustaríanos destacar dende o noso blog, a enorme calidade desta proba, kilometraxe ben sinalizado, avituallamentos no seu sitio e ben atendidos, circuito 100% cerrado ó tráfico, recinto cerrado en meta con zona de recuperación, esparcemento, zona infantil, etc. Tan so unaha pequena pega ó comenzo da proba, a loxística de gardaroupas viuse desbordada, e non era todo o rápida que se precisaba, por o resto, todo perfecto. Nótase cando as cousas se fan con cariño e profesionalidade. Inda que a tempada non fixo mais que escomenzar, o crono deixounos unha morea de agradables sorpresas. Tomaron a saida, Xulio, Sergio, David, Alfonso, Pablo, Arturo, Moi, Isma, Carlos, Juan e Marcos, nada menos que 10 atletas do noso clube, non temos o dato, pero seguramente que unha das representacións por equipos mais numerosas na proba. Todos remataron. Destacar varias MMP (Pablo, Moi, Arturo, Alfonso, Carlos e Marcos) e un terceiro posto na sua categoría para Arturo Varela, que xa nos ten acostumados a facer podium en cada unha das suas participacións. Dende o clube, como sempre, queremos darvos a noraboa, polo voso esforzo e deportividade. Como recordo, deixamos esta foto onde compartimos Ledicia cos compañeiros do Clube Triatlon Morrazo (Jul, Eduardo e Daijiro) ademais da atleta Moañesa Agueda Blanco (vencedora absoluta na categoría femenina)