sábado, 29 de octubre de 2011

Colocación tablón de anuncios

¡¡Por fin xa temos o tablon de anuncios nas pistas¡¡¡

Despois de levar con este tema pendiente moitos meses, hoxe por fin levamos a cabo tan custosa obra ;-).

Moitas gracias a Pepe,Jundo e Ana polo seu tempo e esforzo.

Alberto.

miércoles, 26 de octubre de 2011

Video media maraton Pontevedra

Votarlle un vistazo a este video feito por Moises...

para ver o video pincha aqui

Gracias Moises, está moi ben.

lunes, 24 de octubre de 2011

MEDIA MARATON DE PONTEVEDRA


Unha cita obrigada no calendario de carreiras populares para o Clube, e a media maratón de Pontevedra, e como non podía ser doutra forma, alí nos representaron 8 dos nosos atletas (Luis, Xulio, Moisés, David, José Manuel, Lino, Alfonso Coladas e Alfonso Vega)
Este ano batiuse o record de participación, mais de 1500 atletas tomaron parte na línea de saida, entre eles, parte da élite do atletismo galego, Gustavo Nieves, Elias Domínguez, e Hassan Lekhili, que á postre sería o vencedor, con un discreto tempo de 1 h 9 min 14 sg.
O día non era o mellor para correr, forte choiva, e vento en contra en boa parte do percorrido, inda así, os resultados foron bos. Temos que destacar que tres dos nosos atletas baixaron de 1 h 24 min (Curi, Xulio e Lino) e David, estivo moi perto de conseguilo, se non fora por un pinchazo no sóleo no km 6 que tivo que arrastrar o resto da proba. Destacar tamén a primeira participación na distancia de Moisés, e o propio Lino.
Dende o Clube Atletismo Samertolameu, queremos darlle a noraboa a todos eles. Vémonos en Ourense o 6 de Novembro.
Xa podedes consultar as fotos da carreira na sección de fotos do blog.

20111123_FarodeVigo

domingo, 23 de octubre de 2011

Presentación Tempada 2011-2012


O SÁBADO 22 DE OUTUBRO AS 17H FOI A PRESENTACIÓN DA NOVA TEMPADA DO CLUB ATLETISMO SAMERTOLAMEU. Grazas a todos e todas os que nos acompañáchedes este día, aquí vos deixamos unha foto de moitos dos e das atletas que asistiron.
Moito ánimo a a seguir entrenando!!

miércoles, 19 de octubre de 2011

Loteria de Nadal 15634

Xa temos a loteria de nadal do Clube Atletismo Samertolameu¡¡¡¡¡
O número e o 15634.
NON PERDAS A OPORTUNIDADE DE FACERTE RICO E MERCA A TUA PARTICIPACIÓN (mínimo 5€) a calquera membro da directiva ou adestradores.

lunes, 17 de octubre de 2011

“PINGA PINGA” E “A PONTENOVA”


Os dous últimos fines de semana o C.A. Samertolameu competiu nas populares de Marín (Pinga Pinga) e A Pontenova (Carreira Popular Tito Margaride)
O 8 de outubro, na Pinga Pinga representounos un nutrido número de rapaces e maiores competindo en tódalas categorias, e como sempre, demostrando a sua deportividade e compromiso nun percorrido duro de por si, gran desnível e curvas moi cerradas en torno os montes de Santo Tomé. Destacar de esta popular, que a pesar de ser somente a 2ª edición, presenta un nível de organización casi perfecto.
Dende fai uns días, podedes ver as fotos desta carreira no blog do clube.

E o pasado domingo, competimos en A Pontenova (localidade da mariña lucense) donde se celebraba a carreira popular Tito Margaride. Alí estuveron a representarnos catro dos nosos atletas veteranos (Pepe, Xulio, Alberto e Alfonso) Nunha carreira moi rápida, 8150 metros a carón do rio Eo, temos que destacar a actuación de Pepe, que conseguiu o primeiro posto na sua categoria.
Nos próximos dias, tamén podereis ver as fotos desta proba no blog do clube, ademais de consultar o calendário de carreiras para o mes de Novembro.

O Clube comenza a tempada con forza, Bueu, Ourense, Pinga Pinga e A Pontenova, numerosa participación, bo ambiente e bos resultados. Noraboa a tódolos nosos atletas.

Dende o C.A. Samertolameu, queremos facer unha mención especial, en forma de breve reseña biográfica, para o gran atleta galego das décadas dos 80 e 90, Tito Margaride

Natural de A Pontenova (Lugo), naceu o 29 de septembro de 1967, está casado e ten dous fillos.
Comenzou no atletismo a idade de 11 anos participando en probas escolares, pero foi mais tarde cando Mariano Castiñeira se fixou en él, e o meteu de fondo no mundo do atletismo. Adestruo en Lugo e Vigo, militando no Lucus Caixa,e na Gimnastica de Pontevedra. Estaba chamado a ser unha figura do atletismo nacional, cando no verán de 1992 intentando acadar a marca mínima (13 min 25 sg) para a olimpíada de Barcelona, unha fatal trombosis truncou as suas ilusions.
Esta fatalidade non conseguiu frenar a Tito, despois de unha larga recuperación, voltou o deporte como atleta discapacitado.
Entre o seu palmares destaca:

- Campeón galego campo a través1991
- Subcampeon de España promesas 1989
- Campeón galego senior en pista
- Record galego promesas 10000 m
- Records provinciales lucenses de 10000, 5000, 3000 e 1500 m
- Bronce en 1500 m nas Paraolimpíadas de Sidney
- Campeón do Mundo discapacitado en 1500 m (Birminghan)
- Campeón de España discapacitado en 1500 m

PRESENTACIÓN TEMPADA 2011/2012

O vindeiro sábado 22 as 16:30 horas, celebraremos no salón de plenos do Concello de Moaña a presentación do clube para a presente tempada. A continuación teremos unha pinchada no colexio de Seara.

E obrigatoria a asistencia de tódolos atletas e adestradores do clube para poder facer as fotografías dos equipos.

Están igualmente invitados pais de atletas, socios e atletas de outros clubes usuarios das instalacións do Clube.

martes, 4 de octubre de 2011

XORNADA DE ATLETISMO E GASTRONOMIA EN OURENSE


O pasado domingo celebrouse en Ourense o “V Maratón do Miño” e alí estuvo o Clube Atletismo Samertolameu, representado por 12 dos seus atletas veteranos competindo na modalidade de maratón por equipos (3 atletas por equipo, que cubren por relevos unha distancia de 14 km cada un)

Os resultados acadados entre os casi 300 equipos participantes foron os seguintes:

- Lino, Xulio e Pepe: posto 18, con 2 h 46 min 53 sg
- Alfonso, Alberto e David: posto 46, con 2 h 59 min 00 sg
- Cristobal, Carlos e Pablo: posto 67, con 3 h 4 min 40 sg
- Moises, Marcos e Guillermo: posto 133, con 3 h 17 min 20 sg

Que non está nada mal para tratarse do inicio da tempada!
O finalizar a proba, como tódolos anos, ten lugar unha degustación de productos típicos da terra. Por unhos momentos olvídase o carácter deportivo da xuntanza e dase boa conta do mencia, a cerveza, chourizos, lomo, queixo, xamón e unha amplia selección de dulces. Neste recinto cerrado para os atletas e colaboradores, tamén ten lugar a entrega de premios, así que entre unha e outra cousa, a velada non remata ata ben entrada a tarde.

Dende o Clube Atletismo Samertolameu, queremos dar a noraboa a organización desta carreira, e como non, a todos os nosos atletas, que como sempre nos representaron moi dignamente. Gracias