miércoles, 22 de diciembre de 2010

lunes, 29 de noviembre de 2010

Cross Belarmino Alonso


Foto de grupo dos asistentes ó cross


O domingo 28 de novembro celebrouse en San Andrés de Comesaña o Cross Belarmino Alonso das categorías a partir de benxamíns.


Alá marchamos todos en grupo para pasar unha mañá divertida e demostrarnos que cada día o vamos facendo mellor e, sobre todo, comprobando que vai aumentando o número dos valentes que se animan a participar nas competicións.


A pesar do frío e da lama existente en todo o circuito, todos os nosos atletas conseguiron rematalo con éxito e xurdiron moitas situacións divertidas das que, como non, foi testemuña a nosa cámara indiscreta.


Enhoraboa a tódolos participantes e as súas familias por tomar parte noutro día especial.



domingo, 31 de octubre de 2010

Carrera Berducedo

Hoy se ha suspendido la carrera que se celebraba en Berducedo por causas meteorológicas.
La prueba se celebrará mañana lunes a partir de las 16:00 horas. Recordaros que hay carreras para Bemjamines, Alevines e Infantiles.

lunes, 25 de octubre de 2010

20101024_FarodeVigo_Presentacion

Normativa pistas Atletismo

MÓDULO DE ADESTRAMENTO PARA ATLETISMO

1) Obrigatorio o uso de calzado deportivo preferentemente zapatillas de clavos.

2)Prohibido terminantemente o uso de patins, bicis ou calquer outro artefacto con rodas.

3)Prohibido fumar en toda a instalación.

4)Prohibida a entrada con mascotas.

5)O uso das pistas será preferente para escolares durante o horario lectivo e para atletas federados a partir das 18.30 h.

6)As ruas centrais usaranse para as series de velocidade, valados e traballo técnico.

7)As ruas de anel usaranse do seguinte xeito.

- A rua 1 non se usará no posible por ser a que mais sofre durante a celebración de probas

- Rua 2 para series de medio fondo e fondo

- Rua 3 para series longas con valados

- Rua 4 para marcha, trote e en xeral uso con zapatillas sen clavos

8) Cando se use o foso dos saltos é obrigatorio sair polo lado da herba para non votar area na pista.

9) O finalizar os adestramento de salto no foso e obligatorio barrer a area que puidese caer na calle 1 ó foso de saltos.

lunes, 18 de octubre de 2010

Presentación tempada 2010/2011

O vindeiro sábado 23 de Outubro, celebrarase a presentación do Clube Atletismo Samertolameu para a presente tempada 2010/2001.

É obrigatorio que tódolos atletas e directivos do clube acudan ó acto donde realizarmos a presentación do clube e as fotografías oficiales dos equipos para esta tempada.

A axenda e a seguinte:

1) As 16:30 horas quedamos nas pistas de atletismo para a foto de grupo.

2) As 17:00 horas celebraremos o acto de presentación (seguramente no concello, pendente de confirmar).

3) Acto seguido tomaremos uns pinchos.

Por favor traede as camisetas do clube para a foto.

Saudos

domingo, 10 de octubre de 2010

1ª Carreira Pinga Pinga-Marín

( Grandes e pequenos unidos polo deporte)


O día prometía. Despóis de tanta chuvia e vento, o sábado amañeceu tranquiliño e seco. Celebrábase en Marín a 1ª carreira denominada Pinga Pinga, e alá marchamos parte do equipo para intentar completar o percorrido establecido.

Aínda que chegamos un pouquiño xustos, todo transcurriu con normalidade.

Primeiro foron os menores A, @s nen@s nados entre o 1999 e o 2002, cun percorrido de 5oo metros, os cales discurrían por subidas e baixadas.

De segundo, os cadetes, cun percorrido de 2000 metros, ó longo dos cales atopáranse de todo, para rematar as competicións d@s meniñ@s, cos chupetes, os cales tiñan que correr 100 metros nun terreo máis ou menos liso.

Para poñer a medalla de ouro a esta tarde outonal, os veteráns completaron con éxito os 7 km de subidas e baixadas da súa categoría.

Boa arrancada para esta nova temporada que comezamos onte.

E entre competición e competición, moitas risas e fotos, moitas fotos, que podedes mirar na galería do blog e tamén na nosa páxina do Facebook.

martes, 5 de octubre de 2010

HORARIOS ESCOLA DE ATLETISMO TEMPADA 2010/2011


Nados nos anos 2006, 2005 e 2004:
Mércores e Venres de 17:30 a 18:30
Nados nos anos 2003, 2002, 2001 e 2000:
Mércores e Venres de 18:30 a 19:30
Nados nos anos 1999 e anteriores:
Luns de 20:00 a 21:00
Mércores e Venres de 19:30 a 20:30

Os lugares de entrenamento serán:
- Con bo tempo, nas pistas de atletismo.
- Con mal tempo, no patio cuberto de Reibón, e cando dispoñamos del no pabillón de Reibón.

Os días que os colexios permanezan pechados por mal tempo, non haberá adestramento.

Se algún pai/nai ten algún problema de compatibilidade de horarios que fale comigo. Un saúdo!!

DAVID

lunes, 4 de octubre de 2010

IV Maraton do Miño

O Clube Atletismo Samertolameu acadou unha grande actuación na IV maratón por relevos celebrada onte (Domingo 3 de Outubro) en Ourense.

Nunha carreira, disputada baixo un diluvio continuo, os nosos atletas conseguiron finalizar a proba como 14 (equipo1) e como 58 o equipo2. O número total de equipos era de 262 equipos. Por elo temos que felicitar a todos os que participaron.

Os tempos realizados polos nosos equipos foron:

EQUIPO 1 2 HORAS 50 MINUTOS 2 SEGUNTOS
EQUIPO 2 3 HORAS 7 MINUTOS 37 SEGUNTOS

Os atletas participantes foron:

Jose Martinez Santomé (Pepe)
Xulio Cruz
David Caaveiro (Cobra)
Alberto Juncal
Orlando Sampedro
Carlos (Podenco)

http://www.championchipnorte.com/externos/20101003182615_IV_MARATON_DO_MINO_2010/MARATON_OURENSECARREIRA%20POR%20RELEVOS.htm

Noraboa a todos eles.

domingo, 3 de octubre de 2010

REUNIÓN PRETEMPORADA


Como xa se dixera cando finalizou o Campus, recordar a nenos e pais que o martes día 5 de outubro ás 20.00h temos a reunión no pabillón de Reibón para programar a temporada 2010/2011.


Un saúdo da directiva

20100920_FarodeVigo_MaratonBerlin

jueves, 23 de septiembre de 2010

Fotos da caza do tesouro

Xa temos colgadas as fotos da intensa caza do tesouro que fixemos c@s nen@s do club, maxistralmente organizada polo pirata David Malaespiña.



Para poder disfrutar de todas e cada unha só hai que facer click no enlace da esquerda.

viernes, 10 de septiembre de 2010

CAZA DO TESOURO

Actividade para todos os pais e rapaces do clube!


Mércores día 22 de setembro, ás 19:00 no palco de música da alameda (frete a plaza)


Como prometera, estou a organizar unha actividade para todos os que se animen a participar. Unha pequena caza do tesouro por equipos, para pais e fillos.

Non o perdades!! e avisade a todos, un saúdo,


DAVID

jueves, 26 de agosto de 2010

CLAUSURA DO II CAMPUS DE ATLETISMO PARA NENOS E PARA PAIS

Hoxe a partir das 20.30h clausúrase o II CAMPUS DE VERÁN DE ATLETISMO para nenos e o I CAMPUS para pais nas pistas de Atletismo en Sambartolomeu.

Este CAMPUS foi organizado polo CLUBE DE ATLETISMO e impartido polos seus adestradores:
Miguel Cortegoso,Fernando Paredes(triqui),David Martínez,Mauricio e axudados por Avelino Parcero,Sara Parcero, Ana Solla,Noelia Ferradanes e Sara Arosa.

Desde a Directiva dámoslle as gracias a todos, atletas, pais e adestradores pola súa colaboración.

Esperando que para o ano que ven nos topemos todos de novo, un saúdo.

O Presidente
Avelino Parcero Fdez

Moaña, 26 de Agosto de 2010

viernes, 13 de agosto de 2010

Fotos 2º Campus de verán 2010

Xa temos colgadas na galería do clube as fotos correspondentes as sesións celebradas no campus de verán deste ano durante os meses de xullo e parte do de agosto. Aínda que só se trata de fotografías estáticas, pódese apreciar o bó ambiente que hai entre a xente e o ben que o estamos a pasar. Pouco a pouco conseguimos xuntarnos un grupillo de xente moi axeitado. Tantos, que xa temos tres equipos ben diferenciados:
@s meniñ@s, todo ilusión e incansables

@s mociñ@s, pura enerxía e competitivos.


E as nais (e pais) en plena lozanía



lunes, 2 de agosto de 2010

Cena fin tempada 2009/2010

O vindeiro venres 6/8/2010 as 22:00 horas celebraremos no Beque a cea fin de tempada 2009/2010.

O precio da cea e de 15 € para os maiores e 10€ para os nenos ata 14 anos.

Todos os que queirades asistir poñervos en contacto con Avelino 646665210 ou Alberto 610516242 para facer a reserva.

Para o pago podedes facelo directamente a nos ainda que é preferible que o ingresedes na conta do clube en Caixanova

2080/0083/90/0040002995

Indicando nome e apelidos da persona que reserva para a cena.


Saudos

sábado, 31 de julio de 2010

Campeonato Galego absoluto.

O sábado 24 de este mes celebrouse nas pistas de Balaidos o Campeonato Galego Absoluto.

Os nosos atletas participaron en varias probas e en 4 x 100 metros conseguiron a medalla de bronce.

Desde o clube querémos darlle a noraboa a todos sen excepción e tamén ao seu adestrador Santi Nuñéz polo gran traballo que está a realizar con eles e polo clube de Atletismo Samertolameu.

Gracias a todos e un saúdo da directiva.

miércoles, 28 de julio de 2010

2º CAMPUS DE ATLETISMO DE VERÁN

O segundo campus de verán de atletismo para nenos/ as e deu comenzo o día 1 de Xulio con horario de 20:30 a 22:00 horas os Martes e Xoves , e tiña que finalizar o xoves 29 de este mes.

O clube decidiu facer o campus tamén para pais / nais , que sería o 1º para estes.

Como tivo tanto exito os pais decidirón seguir todo o mes de Agosto e descansar todo o mes de Setembro tanto nenos coma pais.

Recordamosvos que este domingo día 01 de Agosto faremos a excursión ó monte Do Outeiro ( cerca de donde se fai a festa do leñador), quedamos en xuntarnos as 11:30 no adro de San Martiño e sair de ahí todos andando.

lunes, 31 de mayo de 2010

Cto. Galego Veterans

O vindeiro sábado 5 de xuño celebrarase en Ourense o Campionato Galego de Veteráns.

6 dos nosos atletas participarán o evento e intentarán conseguir o maior número de medallas posibles.

Sorte a todos eles ¡¡¡¡

As probas nas que participarán son as seguintes:




lunes, 24 de mayo de 2010

Nuevos equipajes

¿Qué equipaje te gusta?

Realiza tu votación en la encuesta de la parte izquierda.

lunes, 12 de abril de 2010

Reunión pais nenos escola atletismo

Hola,

o vindeiro mércores 14 de Abril as 19:30 horas celebrarase no colexio de reibón una reunión con tódolos pais de nenos da escola deportiva.

Prégase asistencia.

jueves, 18 de marzo de 2010

Falece Julian Bernal


O pasado martes deixounos con 91 anos Julián Bernal, o avo do atletismo español.

Este home comezou a sua carreira no atletismo con 76 anos, despois de quedar viuvo. A partir de ahi comezou a correr, por que según el dicia, a sua idade non podia facer outra cousa.

Consegiu ser dobre plusmarquista para maiores de 90 anos, e disputou a sua derradeira carreira hay solo uns días no "Campionato de España de croos de la Torre", disputado na Coruña. E no ultimo ano chegou a participar en 93 carreiras. Todo un exemplo a seguir.

sábado, 13 de febrero de 2010

Campeonato España Cross Veteranos

El proximo Domingo 14 de Febrero se celebrara en Ribadavia el campeonato de España de Cross para Veteranos por clubes.

Nuestros representantes en el evnto son:

Jose Martinez Santome
Jesus Piñeiro MArtinez
Jose Luis Dominguez Portas
Sergio Rodriguez Rodriguez

Suerte a todos ellos

domingo, 24 de enero de 2010

Campionta Provinvial Cross

O vindeiro sábado 30 de Xaneiro celebrase no CIRCUITO DE GULÁNS – PONTEAREAS o campeonato provincial de cross. Despois do cross celebrado en Domaio, están clasificados por parte do noso clube os seguintes atletas:

ALEVIN FEMENINO
* PAREDES CORDEIRO ANA

BENJAMIN FEMENINO
* OUTEIRAL CURRAS LIDIA

BENXAMIN MASCULINO
*GARCIA GARCIA FRANCISCO

EQUIPO ALEVIN FEMENINO
*Abal Molanes Iria
*Anzalone Romina
*Mariño Martínez Lucía
*Paredes Cordeiro Ana
*Rouco Otero Laura
*Docio Pereiro Clara


Noraboa.

En canto saibamos a hora das carreiras avisarémos os pais para saber a que hora saimos de Moaña.

viernes, 15 de enero de 2010

Ctos. Fin de semana en Ourense

Houbo un cambio de última hora e os distintos campionatos vanse celebrar no circuito de Monterrei nas cercanías de Ourense.

Temos establecidas duas horas de saida:

08:00 horas na praza do Concello- Categorias Benxamin-Alevin-Infantil e Cadete
10:30 horas na xunqueira (antigo campo futbol) seniors

Iremos en coches. Os que vos apeteza quedar a comer pola tarde iremos as termas de Outariz. A entrada custa 4 €. Levar bañador, toalla, zapatilas e gorro.

domingo, 10 de enero de 2010

MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO DE CATEGORIAS MENORES

1.- La Delegación da FGA en Ourense organizará el XIII Memorial Alejandro Lorenzo
de Campo a Través el domingo 17 de Enero de 2010 en Ourense en el circuito de la Praya de Oira.
2.- Se celebran conjuntamente el cto.galego Cadete Juvenil y el de cross corto para senior.

3.- Horarios y distancias aproximadas de cada una de las carreras.

HORA CATEGORIA SEXO DISTANCIA
10.30 BENJAMIN Mujeres 800 m. aprox.
10:35 BENJAMIN Hombres 800 m aprox.
10.45 ALEVIN Mujeres 1.500 m. aprox.
11.00 ALEVIN Hombres 2.000 m. aprox.
11.20 INFANTIL Mujeres 2.000 m. aprox
11.40 INFANTIL Hombres 2.750 m. aprox
12.00 CADETE-XUVENIL Mujeres 3.400 m. aprox.
12.20 CADETE-XUVENIL Hombres 5.400 m. aprox.
12:50 Senior-Promesa Mujeres 4.000 m. aprox.
13:15 Senior-Promesa Hombres 4.000 m. aprox.


La idea es ir en coches por la mañana tanto los niños como los atletas mayores (tambien cto. Gallego de senior cross corto). Después de las carreras a todo aquel que le apetezca podemos quedar en Ourense a comer y después aprovechar para ir a las termas (obligatorio gorro, zapatillas y toalla).

Para organizarnos mejor, los que vayais a venir avisar cuanto antes a David, Alberto (610516242) o enviar correo a clubatletismosamertolameu@gmail.com

Saludos

martes, 5 de enero de 2010

Cross zonal escolar

O próximo Domingo 10 de xaneiro celebrase o Cross Zonal Escolar en Domaio. O circuito encóntrase situado no paseo marítimo ó lado do centro de maiores.

É necesario que tódolos atletas das categorías escolares participen.

As probas comenzan as 10:00 horas.