viernes, 26 de septiembre de 2008

PAGO DAS CUOTAS FAMILIARES

Agora que xa empezou a tempada, e que a nova directiva ten o control total das contas e estado do Clube, e o momento de comenzar a tramitar as cuotas familiares establecidas e presentadas en anteriores reunións.

Nesta noticia explicamos de forma resumida as formas e métodos de pago.

É moi importante que, independentemente da forma elixida, cubrades a plantilla existente para formalizar os datos. Se non vos chegou por correo poñermos un correo a

clubatletismosamertolameu@gmail.com

e vos faremos chegar unha copia. Esta folla debidamente cuberta hai que entregarlla ós membros da xunta directiva para que lla fagan chegar o tesoreiro.

Nos vos olvidedes, se optades por facer transferencias ou ingresos en conta, en identificar na descripción da operación o nome do atleta ou pai.


TIPO DE PAGO DAS CUOTAS

Existen dúas posibilidades:

Pago anual: Pago dunha única cuota de 120€ durante o mes de Outubro.
Pago trimestral: Pago de 30 euros por trimestre. Os pagos deben efectuarse nos primeiros 10 días de Outubro, Xaneiro, Abril e Xullo.


MÉTODOS DE PAGO
Existen dous métodos de pago:

Pago por transferencia ou ingreso en conta: é necesario realizalo ingreso na conta
2080 0083 90 0040002995 de Caixanova. O titular é o Club Atletismo Samertolameu.
É moi importante que na descripción do ingreso referenciedes o nome do pai/nai ou atleta que forma parte desta Ficha Familiar.

Domiciliación bancaria: neste caso é necesario cubrir a autorización que vai na plantilla de Couta Familiar. Os recibos enviaranse directamente ó banco.

No hay comentarios: