jueves, 6 de noviembre de 2008

VIII Carreira Pedestre Concello de Moaña. 1ª Memorial Eugenio Torres



O próximo 6 de decembro celebraráse aVIII edición da carreira pedestre de Moaña. Este ano ademáis será tamén o 1º Memorial Eugenio Torres.

REGULAMENTO XERAL

1.Por delegación de Consellería de Deportes de Concello de Moaña, o Clube Atletismo Samertolameu organiza a VIII carreira pedestre Concello de Moaña. A carreira conta co Patrocinio do Concello de Moaña e a colaboración de Caixanova, Protección Civil e a Policia Local.

2.A carreira celebrarase o Sabado 06 de Decembro de 2008 a partir das 16:00 da tarde na alameda situada no centro de Moaña.

3.Establécense as seguintes probas, categorías e distancias.
Proba Categoría Distancia
Benxamín Nados no 2000/2001 800 metros
Alevin Feminino 800 metros
MasFeminino Nados no 1998/1999 1200 metros
Alevín Masculino Nados no 1998/1999 1600 metros
Infantil Feminino Nados no 1996/1997 1600 metros
Infantil Masculino Nados no 1996/1997 2000 metros
Cadete Feminino Nados no 1994/1995 2000 metros
Cadete Masculino Nados no 1994/1995 3000 metros
Xuvenil Feminino Nados no 1992/1993 3000 metros
Xuvenil Masculino Nados no 1992/1993 5225 metros
Xunior Nados no 1990/1991 5225 metros
Promesa Nados no 1987/1988/1989 5225 metros
Senior Nados no 1986 e anteriores 5225 metros
Veteráns Masc Maiores 35 anos 5225 metros
Veteráns FEm.Mas. Maiores 40 anos 5225 metros

4.A clasificación será absoluta e por categorías. Establécense categorías de veteráns cada 5 anos

5. As inscripcións poderán realizarse:
Na casa da Mocidade de Moaña en horario de 9 a 14 horas
No teléfono 610516242
No fax do Clube Atletismo Samertolameu 986315457
Por email na dirección carreirapedestremoana@gmail.com

6.O prazo de inscripción finaliza o Xoves 4 de Decembro. Non se admitirán inscripcións o día da carreira.

7.Poderánse recoller os dorsais ata media hora antes da saída de cada proba.

8.Está prohibido o acompañamento dos participantes. O incumprimento desta norma implicará a descalificación inmediata do atleta acompañado.

10.O Concello de Moaña e a Organización non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira.

11.PREMIOS: Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo. Ademais os tres primeiros/as clasificados/as que participen na carreira de 5300 metros, recibirán un premio en metálico de:
1º 250 €
2º 150 €
3º 100 €

12. A entrega de premios celebrarase no palco da música ó finalizar as probas.


No hay comentarios: