lunes, 23 de febrero de 2009

Fin de semana magnífico en campionatos de cross

Este fin de semana acadáronse dous grandes triunfos por equipos nos diversos campionatos galegos de Cross que se celebrarón na nosa comunidade.

O sábado celebrouse en Lugo o campionato galego de cross escolar. Nesta cita o noso equipo, composto polos atletas,
CARLOS PORTO PAZOS
ALBERTO RODRIGUEZ MOREIRA
ALBERTO PEREZ NOVAS
CRISTIAN COSTAS GOMEZ
PABLO QUINTEIRO LOPEZ
acadou o subcampionato galego na categoría cadete por clubes.

Nesta mesma carreira Carlos Porto Pazos acadou a segunda posición conseguindo o subcampionato galego escolar na categoria cadete.


Asimesmo, o Domingo celebrouse o campionato Galego junior, promesa e senior na Coruña. Nesta cita os nosos atletas acadaron o título de Campions Galegos de Cross por Equipos na categoría Junior. O equipo estivo composto por:


FERNANDO TARRIO HERVA
SENEN A. CASTRO LORENZO
CARLOS YAÑEZ ALONSO
EDUARDO NODAR CASTRO
ENRIQUE BLANCO MILLARA
DARIO RODRIGUEZ GONZALEZ

Noraboa a todos eles

No hay comentarios: