sábado, 27 de junio de 2009

Cea fin de tempada

O vindeiro venres 10 de Xullo celebraremos a xa tradicional cea de fin de tempada.

O lugar elexido nesta ocasión para o evento é o restaurante Casa Barral, que se encontra situado xusto detrás da Casa do Concello de Moaña.
Como ven sendo habitual poden asistir tanto atletas como pais e socios.

Os prezos para os maiores serán de 20€ e os nenos ata 14 anos 10 €.

Para facilitar a xestión este ano vamos a cobrar a cea por adiantado. Todos os que vaiades a asistir podedes pagar a cea directamente no número de conta do clube 2080-0083-90-0040002995, indicando no asunto cea + número asistentes.

Podedes tamén apuntarvos directamente contactando con Alberto (610516242) ou Avelino (646665210).

No menu esquerdo desta web iremos publicando lista de asistentes.

No hay comentarios: