O día prometía. Despóis de tanta chuvia e vento, o sábado amañeceu tranquiliño e seco. Celebrábase en Marín a 1ª carreira denominada Pinga Pinga, e alá marchamos parte do equipo para intentar completar o percorrido establecido.
Aínda que chegamos un pouquiño xustos, todo transcurriu con normalidade.
Primeiro foron os menores A, @s nen@s nados entre o 1999 e o 2002, cun percorrido de 5oo metros, os cales discurrían por subidas e baixadas.
De segundo, os cadetes, cun percorrido de 2000 metros, ó longo dos cales atopáranse de todo, para rematar as competicións d@s meniñ@s, cos chupetes, os cales tiñan que correr 100 metros nun terreo máis ou menos liso.
Para poñer a medalla de ouro a esta tarde outonal, os veteráns completaron con éxito os 7 km de subidas e baixadas da súa categoría.
Boa arrancada para esta nova temporada que comezamos onte.
E entre competición e competición, moitas risas e fotos, moitas fotos, que podedes mirar na galería do blog e tamén na nosa páxina do Facebook.
No hay comentarios:
Publicar un comentario