martes, 24 de enero de 2012

Campionato Galego de Veteráns Campo a Través


O pasado Domingo celebrouse na praia de Cabio, no concello da Pobra do Caramiñal, o campeonato galego de veteráns campo a través.
Os nosos atletas competiron en duas probas, M35-M40 (atletas entre 35 e 44 anos) e M45 (atletas mayores de 45 anos) tanto individualmente, como por equipos.

Primeiramente tivo lugar a proba M35-M40, onde competiron Curi, Lino, Juan e Roberto nun percorrido de 7300 metros a caron da praia de Cabio, sobre un terreo seco e en moi boas condicións, eso si, con algún pequeno repeito, e numerosas curvas mais ou menos pechadas.
Dende un principio Curi (25º) saiu tirando moi forte, tras él, Lino (28º), e pouco detrás Juan (51º) e Roberto (52º). O ritmo de carreira foi alto, pero os nosos souperon regular, e chegar ó final con forza. Finalmente, acadaron un 9º posto por equipos, que dado o nivel da proba (estaban os mellares equipos de Galicia) e un gran resultado.

Pero esto non foi mais que o aperitivo, a continuación tomaron a saida dos 5300 metros de circuito, os atletas da categoría M45. Pepe e Xulio sairon co grupo de cabeza, pero o ritmo era moi forte, e pouco a pouco se foron descolgando, Carlos e Arturo rodaron xa dende o comenzo na mitade do grupo. Despois dun comenzo a un ritmo altísimo que puxo a cabeza en fila de a un, os postos de cabeza forense definindo. Á mitade da proba, o atleta que rodaba en primeira posición, e que á postre sería o gañador, xa levaba uns 10 segundos de ventaxa ó segundo, e 20 a un grupo de 11 atletas que corrían separados por non mais de 25 metros, Pepe cerraba este grupo; pero a falta de 1000 metros, cando algúns atletas non podían aguantar o ritmo, gañaba algunha posición colocándose no septimo lugar. A falta de 300 metros, aproveitando un pequeno repeito, gañaba tres posición mais, e colocábase cuarto a non mais de dez metros do terceiro, e ahí votouno todo, como él di, sacou cadera, levantou cabeza, e nuns últimos cincuenta metros de infarto gañou a medalla de bronce na misma liña de chegada. Por detrás entraban Xulio (33º) Carlos (61º) e Arturo (74º). Ó final, 8º clasificados por equipos de 17 participantes.
Dende o Club Atletismo Samertolameu, queremos agradecer o esforzo de todos estos atletas, e darlles a noraboa.

PINCHA AQUI PARA VER LAS FOTOS

No hay comentarios: