domingo, 25 de noviembre de 2012

34º Memorial Belarmino Alonso de campo a través Domingo, 25 Novembro O noso Club participou con 13 atletas das distintas categorías entre homes e mulleres. Aínda que faltaron algúns dos inscritos, a participación dos que foron, foi moi boa, todos se esforzaron e acadaron un bo resultado. Especial noraboa o equipo infantil feminino que coa súa numerosa participación e bos resultados, conseguiron quedar de SEGUNDAS, na clasificación por equipos, despois da Asociación Viguesa de Atletismo e empatadas a puntos co Val Miñor. Parabéns rapazas, a participación ten premio!!! Foi unha boa xornada, e ver os rapaces e rapazas ilusionados por correr e esforzarse ten moitas compensacións. Animamos a que tod@s os atletas vos animedes a participar e tamén as familias que os acompañen as carreiras, hai un estupendo ambiente e para os nenos e nenas é unha experiencia estupenda. Vémonos en Cangas, o vindeiro 2 de Decembro,queremos estar moit@s atlet@as representando o club nesta carreira. Neste enlace podedes ver os resultados da carreira: http://web.comesana.org/memorial/res34.pdf Xa podedes ver as fotos da carreira na galería do blog.

No hay comentarios: