lunes, 25 de febrero de 2013

AS FONDISTAS DO SAMERTOLAMEU


Comentábamos na presentación da tempada 2012-2013, que un dos principias obxetivos era formar un equipo femenino de fondo. E unha tarefa difícil, non nos vamos a engañar, no século da igualdade, todavía persisten certos “quefaceres” que complican mais de por si a incorporación da Muller a unha disciplina como o atletismo. Non resulta nada doado. Pero pouco a pouco imos a conseguilo. Como xa sabedes, este ano incorporouse Agueda a disciplina do clube, gran fichaje. Esperemos que tras de Agueda veñan moitas mais, e poder acudir a campeonatos oficiais e carreiras populares cun equipo femenino de fondo representando o Clube .
Queremos con esta reseña, darlle a noraboa as nosas atletas, despois de un principio de tempada plagado de bos resultados da man de Agueda, o pasado domingo consegíase a medalla de prata nos campeonatos Galegos de cross, categoria veterans. Parabens a Cristal, Olga e Agueda.

Entre outros resultados destacamos:
 
- Media Maraton de Pontevedra: 1º posto, Agueda Blanco
- Vigo+11: 3º posto, Agueda Blanco
- Campeonato Galego absoluto de cross: 5º posto, Agueda Blanco (clasificada para os campeonatos de España)
- Campeonato Galego de cross veterans: 1º posto, Agueda Blanco
- Campeonato Galego de cross veterans por equipos: 2º posto, Clube Atletismo Samertolameu  (Agueda, Olga e Cristal)
- Interrunning Porriño: 1º posto, Agueda Blanco

Creemos que non está nada mal ….

No hay comentarios: