viernes, 1 de abril de 2011

X Carreira Concello de Moaña

REGULAMENTO XERAL

1. Por delegación de Consellería de Deportes de Concello de Moaña, o Clube Atletismo Samertolameu organiza a X carreira pedestre Concello de Moaña. A carreira conta co Patrocinio do Concello de Moaña e a colaboración de Protección Civil e a Policia Local.

2. A carreira celebrarase o Sábado 14 de Maio de 2011 a partir das 16:30 da tarde na alameda situada diante do Concello de Moaña.

3. Establécense as seguintes probas, categorías e distancias.
PROBA HORA CATEGORIAS DISTANCIAS APROXIMADAS
1 16:30 CHUPETES (06 e posteriores) 80 metros
2 16:45 PREBENXAMÍN (04/05) 200 metros
3 17:00 BENXAMÍN(02/03) 800 metros
4 17:20 ALEVÍN (00/01) 1200 metros
5 17:40 INFANTIL (98/99) 2000 metros
6 18:00 CADETE (96/97) 3000 metros
7 18:30 XUVENIL(94/95), XUNIOR (92/93), PROMESA(89/90/91), SENIOR (88 e anteriores, ata veterán) ,VETERÁNS(Desde o día que cumpran 35 anos) 6000 metros

4. A clasificación será absoluta e por categorías. Establécense categorías de veteráns cada 10 anos:
Homes Mulleres
35-44 A B
45-54 C D
+55 E F

5. As inscripcións poderán realizarse das seguintes formas:
CARREIRAS MENORES (CHUPETES E ESCOLARES)

INSCRICIÓN POR TELÉFONO: 610516242
INSCRIPCION POR EMAIL: clubatletismosamertolameu@gmail.com

Datos obrigatorios: nome, apelidos, sexo, data completa de nacemento, nome do Club si ten e se non, Colexio, Localidade, Provincia, mail e teléfono de contacto

CARREIRA ABSOLUTA (6.000 METROS): ÚNICA FORMA DE INSCRICIÓN:

- CHAMPION CHIP NORTE: www.championchipnorte.com

Datos obrigatorios na carreira absoluta: NIF con letra, nome, apelidos, sexo, data completa de nacemento, nome do Club si ten, Localidade, Provincia, mail e teléfono de contacto

6. O prezo da inscripción para a carreira absoluta será de 5 €. A inscripción para as persoas que sexan propietarios/as de chip amarelo ChampionChip será de 3 euros. As inscripcións para as carreiras escolares (ata CADETE) serán gratuitas.

7. O prazo de inscripción finaliza o Mércores 11 de Maio de 2011 as 14:00 por teléfono e as 23:59 pola Web. Non se admitirán inscripcións o día da carreira nin fora de prazo ou sen datos obrigatorios.

8. A recollida dos chips e dorsais poderase realiza-lo Sábado día 14 de Maio desde as 15:00 horas ata as 16:30 horas na zona de saida para carreiras menores e ata as 18:00 para a carreira absoluta. Se a inscrición se realiza como club ou colexio, a recollida do chip e dos dorsais será do mesmo xeito, nunca de maneira individual. Para recollida colectiva como clube na carreira absoluta, a única maneira de inscrición é a través da Web de ChampionChipNorte dende conta Clube e deberá indicarse esta recollida colectiva no momento de facer a inscrición.
O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e deberá ser devolto trala participación. Os corredores que non o leven ou que non o entreguen non entrarán nas clasificacións.

9. NON está permitido o acompañamento dos participantes nas distintas carreiras.

10. PREMIOS: Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo. Ademáis os tres primeiros/as clasificados/as que participen na carreira absoluta, recibirán un premio en metálico de:
1º 120 €
2º 80 €
3º 50 €

11. Haberá medallas para todos os participantes escolares ata agotar existencias (400 medallas).

12. O primeiro corredor e corredora de Moaña recibirán placa acreditativa como primeiro atleta local. E necesario estar empadroado en Moaña (solicitarase DNI para acreditalo).

13. A entrega de trofeos terá lugar tras a finalización das 7 carreiras programadas.

14. Tras a finalización das probar realizaránse sorteo entre os participantes das distintas carreiras:
• Noite no hotel Bienestar Moaña no Thalasso Spa 4*
• Entradas no Talaso Spa Moaña
• Camisetas
• Gorras
• Masajes centro de recuperación deportiva Avelino Parcero

15. O Concello de Moaña e a Organización non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira.

16. O feito de participar nesta carreira implica a aceptación deste regulamento e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización.

No hay comentarios: