martes, 4 de octubre de 2011

XORNADA DE ATLETISMO E GASTRONOMIA EN OURENSE


O pasado domingo celebrouse en Ourense o “V Maratón do Miño” e alí estuvo o Clube Atletismo Samertolameu, representado por 12 dos seus atletas veteranos competindo na modalidade de maratón por equipos (3 atletas por equipo, que cubren por relevos unha distancia de 14 km cada un)

Os resultados acadados entre os casi 300 equipos participantes foron os seguintes:

- Lino, Xulio e Pepe: posto 18, con 2 h 46 min 53 sg
- Alfonso, Alberto e David: posto 46, con 2 h 59 min 00 sg
- Cristobal, Carlos e Pablo: posto 67, con 3 h 4 min 40 sg
- Moises, Marcos e Guillermo: posto 133, con 3 h 17 min 20 sg

Que non está nada mal para tratarse do inicio da tempada!
O finalizar a proba, como tódolos anos, ten lugar unha degustación de productos típicos da terra. Por unhos momentos olvídase o carácter deportivo da xuntanza e dase boa conta do mencia, a cerveza, chourizos, lomo, queixo, xamón e unha amplia selección de dulces. Neste recinto cerrado para os atletas e colaboradores, tamén ten lugar a entrega de premios, así que entre unha e outra cousa, a velada non remata ata ben entrada a tarde.

Dende o Clube Atletismo Samertolameu, queremos dar a noraboa a organización desta carreira, e como non, a todos os nosos atletas, que como sempre nos representaron moi dignamente. Gracias

No hay comentarios: