lunes, 17 de octubre de 2011

“PINGA PINGA” E “A PONTENOVA”


Os dous últimos fines de semana o C.A. Samertolameu competiu nas populares de Marín (Pinga Pinga) e A Pontenova (Carreira Popular Tito Margaride)
O 8 de outubro, na Pinga Pinga representounos un nutrido número de rapaces e maiores competindo en tódalas categorias, e como sempre, demostrando a sua deportividade e compromiso nun percorrido duro de por si, gran desnível e curvas moi cerradas en torno os montes de Santo Tomé. Destacar de esta popular, que a pesar de ser somente a 2ª edición, presenta un nível de organización casi perfecto.
Dende fai uns días, podedes ver as fotos desta carreira no blog do clube.

E o pasado domingo, competimos en A Pontenova (localidade da mariña lucense) donde se celebraba a carreira popular Tito Margaride. Alí estuveron a representarnos catro dos nosos atletas veteranos (Pepe, Xulio, Alberto e Alfonso) Nunha carreira moi rápida, 8150 metros a carón do rio Eo, temos que destacar a actuación de Pepe, que conseguiu o primeiro posto na sua categoria.
Nos próximos dias, tamén podereis ver as fotos desta proba no blog do clube, ademais de consultar o calendário de carreiras para o mes de Novembro.

O Clube comenza a tempada con forza, Bueu, Ourense, Pinga Pinga e A Pontenova, numerosa participación, bo ambiente e bos resultados. Noraboa a tódolos nosos atletas.

Dende o C.A. Samertolameu, queremos facer unha mención especial, en forma de breve reseña biográfica, para o gran atleta galego das décadas dos 80 e 90, Tito Margaride

Natural de A Pontenova (Lugo), naceu o 29 de septembro de 1967, está casado e ten dous fillos.
Comenzou no atletismo a idade de 11 anos participando en probas escolares, pero foi mais tarde cando Mariano Castiñeira se fixou en él, e o meteu de fondo no mundo do atletismo. Adestruo en Lugo e Vigo, militando no Lucus Caixa,e na Gimnastica de Pontevedra. Estaba chamado a ser unha figura do atletismo nacional, cando no verán de 1992 intentando acadar a marca mínima (13 min 25 sg) para a olimpíada de Barcelona, unha fatal trombosis truncou as suas ilusions.
Esta fatalidade non conseguiu frenar a Tito, despois de unha larga recuperación, voltou o deporte como atleta discapacitado.
Entre o seu palmares destaca:

- Campeón galego campo a través1991
- Subcampeon de España promesas 1989
- Campeón galego senior en pista
- Record galego promesas 10000 m
- Records provinciales lucenses de 10000, 5000, 3000 e 1500 m
- Bronce en 1500 m nas Paraolimpíadas de Sidney
- Campeón do Mundo discapacitado en 1500 m (Birminghan)
- Campeón de España discapacitado en 1500 m

No hay comentarios: