lunes, 24 de octubre de 2011

MEDIA MARATON DE PONTEVEDRA


Unha cita obrigada no calendario de carreiras populares para o Clube, e a media maratón de Pontevedra, e como non podía ser doutra forma, alí nos representaron 8 dos nosos atletas (Luis, Xulio, Moisés, David, José Manuel, Lino, Alfonso Coladas e Alfonso Vega)
Este ano batiuse o record de participación, mais de 1500 atletas tomaron parte na línea de saida, entre eles, parte da élite do atletismo galego, Gustavo Nieves, Elias Domínguez, e Hassan Lekhili, que á postre sería o vencedor, con un discreto tempo de 1 h 9 min 14 sg.
O día non era o mellor para correr, forte choiva, e vento en contra en boa parte do percorrido, inda así, os resultados foron bos. Temos que destacar que tres dos nosos atletas baixaron de 1 h 24 min (Curi, Xulio e Lino) e David, estivo moi perto de conseguilo, se non fora por un pinchazo no sóleo no km 6 que tivo que arrastrar o resto da proba. Destacar tamén a primeira participación na distancia de Moisés, e o propio Lino.
Dende o Clube Atletismo Samertolameu, queremos darlle a noraboa a todos eles. Vémonos en Ourense o 6 de Novembro.
Xa podedes consultar as fotos da carreira na sección de fotos do blog.

No hay comentarios: